6 de cada 10 consolas vendidas en España son de Nintendo
xoves, 11 de febreiro do 2010- Evolución da proporción de consolas de Nintendo no mercado español
Que Nintendo é o lÃder
no sector dos videoxogos tanto en consolas portátiles coma domésticas é algo
que ninguén dubida, pero agora GFK puxo os datos do sector España en negro
sobre branco, deixando claro que en
volume de unidades vendidas, a Nintendo DS e a Wii coparon o 61,3% do mercado,
de xeito que nos fogares españois haberÃa xa 2 millóns da consola doméstica de
Nintendo e 4,8 da portátil. Dende a compañÃa nipona están moi satisfeitos con estes
resultados, e nin sequera camuflan o feito de que nos dous anos anteriores
tivesen unha cota maior.
Analizando a situación de xeito pormenorizado temos unha penetración da Wii do
50,9% no mercado doméstico, seguida polo 31,9% da PS3 e o 17,2% da Xbox 360
(demostrando que España é un caso especial en Europa, pois Sony supera á
consola de Microsoft, o que practicamente só se remite no Xapón), mentres que
no mercado das portátiles, o predominio de Nintendo é impresionante co 67,6%,
mentres que a PSP de Sony ten que conformarse co 32,4% (aÃnda que é todo un
éxito de Sony, que gañou tal posto a pulso, xa que anteriormente o dominio de
Nintendo no sector era absoluto).