7NN bota o peche este mesmo mes
martes, 28 de marzo do 2023
Hai un par de
semanas anunciábase que a canle 7NN
abandonarÃa a TDT en toda España agás na Comunidade de Madrid, pero
finalmente a situación é moito peor do anunciado, e anuncia
o cesamento de operacións a finais deste mesmo mes.
Producciones Audiovisuales Hispania, S.A., propietaria de 7NN, anuncia nun comunicado
que os excesivos gastos da canle fai inviable o proxecto, e nin sequera os
cambios na xestión realizados nos últimos meses foron dabondo para reverter o
deterioro económico ao que se chegou.
No ano e medio que 7NN leva en activo consumiu os seus máis de cinco millóns e
medio de euros de captial, sen conseguir unha garantÃa mÃnima de ingresos
futuros apuntando como grande erro a estratexia do equipo directivo inicial
«máis enfocado en tentar desenvolver un bo produto televisivo no plano visual
que en construÃr un modelo de negocio sustentable», provocando un nivel de
gastos que non se correspondÃan cos ingresos que xeraban.