8 películas de animación de Filmax poderán verse de balde na Coruña a semana que vén
xoves, 19 de agosto do 2010
A cidade da Coruña
acollerá entre os días 23 e 26 de agosto a Semana
Animada de Xacobeo 2010, unha actividade acordada coa produtora Filmax para
levar a cabo unha
serie de proxeccións de cine de animación gratuítas. Esta iniciativa forma
parte do Camiño Infantil da programación deseñada para este Año Santo, un
apartado reservado para os proxectos relacionados coa infancia, a través de
diferentes formatos dedicados aos nenos.
As entradas para asistir
a estas proxeccións (dúas localidades máximo por persoa) poderán recollerse de
balde nos Cines Filmax A Coruña
3D, en El Puerto Centro de Ocio, durante a vindeira fin de semana (20, 21 e
22 de agosto). Nestas mesmas salas proxectaranse neses catro días oito
películas de animación da produtora Filmax.
Deste xeito, o luns 23
de agosto ás dez e media da mañá proxectarase a película Gisaku, mentres que ás 12.30 horas será a quenda de Pinocho 3000. Na xornada do martes,
poderá verse a primeira hora o filme El
Cid e ás doce e media Nocturna.
Pola súa banda, o mércores 25 de agosto proxectarase Donkey Xote ás 10.30 horas, mentres que ás 12.30 será a quenda de Viaje Mágico a África. Por último, o
xoves poderán verse as dúas películas de Pérez,
El ratoncito de tus sueños.
- Os cines de Filmax en El Puerto Centro de Ocio acollerán a Semana Animada de Xacobeo 2010