
Por exemplo as firmas tecnolóxico-dixitais EGATEL (a empresa que acadou a máxima puntuación no índice Innobench, que é o termómetro da posición innovadora das compañías galegas) ou Xesol Innovación (que presentou recentemente un innovador sistema autónomo de asistencia á condución, do que falamos polo miúdo en Código Cero, e que está valorada en 230 millóns de euros).
Despois da benvida de Argerey e do presidente de APTE, Felipe Romera, os representantes de parques reunidos na Tecnópole e a directiva da asociación puxeron en común os temas relativos á xestión da entidade e as accións conxuntas a emprender nos vindeiros meses. Logo, realizaron unha visita a dúas das empresas da Tecnópole, COASA e EGATEL.
Segundo os datos presentados na asemblea, os 66 parques membros da APTE suman un total de 7.778 empresas e xeran un total de 161.343 empregos, dos que 30.269 se corresponden con profesionais especializados en tarefas de investigación e desenvolvemento (I+D).
Os parques tecnolóxicos estatais xuntaron forzas na Tecnópole
Compartir Este Artigo

