
Por unha banda, establécense cinco xeodestinos: Lugo-Terra Cha (para impulsar o turismo da auga, o patrimonio arqueolóxico, o ecoturismo ou o turismo agroalimentario); a cidade de Lugo (para visualizar as súas pegadas romanas, as súas grandes festividades, o termalismo ou o turismo accesible), A Ribeira Sacra (impulsando as súas potencialidades no ecoturismo, no patrimonio arquitectónico ou no turismo fluvial), A Mariña (potenciando os seus atractivos como destino litoral, a gastronomía, o turismo mariñeiro e os grandes acontecementos), e Ancares-Courel (apostando aquí polo turismo científico, o etnográfico e o ecoturismo).
A respecto de todo isto, a Deputación de Lugo creará páxina web de turismo onde se poderán atopar os recursos patrimoniais, naturais e culturais da provincia. Ademais, nela será posible achar paquetes gastronómicos, rutas de sendeirismo e escapada, recomendacións e informacións de interese. Segundo explicou o presidente da Deputación, Darío Campos, “poremos en marcha un plan de sinalización vinculado ás novas tecnoloxías, mellorando a accesibilidade aos recursos turísticos da provincia, e tamén impulsaremos eventos relacionados coa gastronomía coa creación duns premios provinciais e unha ruta gastronómica na provincia”. Asemade, crearase unha gran axenda cultural, engadiu.
A Deputación de Lugo abrirá web de turismo con todos os recursos e atractivos da provincia
Compartir Este Artigo

