
Segundo engaden as entidades, estes equipamentos teñen máis de seis anos de antigüidade, polo que algunhas funcionalidades están obsoletas e non ofrecen as prestacións necesarias para desenvolver as actividades formativas.
Por certo que a través deste Plan Único da Deputación, que este ano achega preto de 2,2 millóns de euros ao Concello de Narón, tamén se financiará a renovación dalgúns dos espazos do Centro Municipal de Formación. Este inmóbel, situado no polígono da Gándara, será obxecto de reformas para reconverter o espazo de 715 metros cadrados actualmente ocupado por unha cuberta metálica, pensada para albergar actividades ao aire libre pero que está infrautilizada.
A Deputación da Coruña financia a renovación informática do Centro de Formación de Narón
Compartir Este Artigo

