
Durante dous anos, SIVSA dixitalizará todo o proceso de comercialización de peixes e mariscos. Segundo informa a empresa máis polo miúdo, os ditos traballos implican a introdución efectiva e integral do compoñente smart na xestión e tratamento da información que xorde da identificación, clasificación e da pesada de capturas. A solución posta en xogo, en consecuencia, optimizará os procesos de poxa, que poderán realizarse directamente desde unha aplicación instalada nos smartphones dos profesionais implicados.
“Con este sistema”, engade a empresa viguesa, “ademais de mellorar a calidade da información xerada en cada unha das fases, garantirase a rastrexabilidade da comercialización e achegaranse novos servizos ao cliente da lonxa, como a posibilidade de consultar en tempo real as compras e gastos realizados, acceder aos albarás xerados ou consultar informacións de carácter público de organismos como a consellería de Pesca ou INTECMAR, o Instituto Tecnolóxico para ou Control do Medio Mariño de Galicia”.
SIVSA tamén lembra que entre os elementos máis valorados positivamente na adxudicación do proxecto (que ten un orzamento de 1,2 millóns de euros) atópase a posibilidade de facer que as subastas sexan poxas simultáneas e diferentes con participación de compradores presenciais e non presenciais, o que cambiará de maneira substancial, en palabras da empresa, “os procedementos das lonxas tradicionais”. Isto será posible “porque todos os procesos centralizaranse na nube, o que permitiría, por exemplo, que se levase a cabo unha compra desde calquera punto de España a través de dispositivos móbiles”.
Esta adxudicación responde “á especialización adquirida por SIVSA no sector do mar durante o últimos cinco anos, grazas á colaboración e desenvolvemento de numerosos proxectos con diversos axentes sectoriais”, sinalou respecto diso Sonia Lois, directora executiva (CEO) de SIVSA.
SIVSA modernizará as lonxas galegas e fará efectivas as poxas dende os smartphones
Compartir Este Artigo
