Como todos os meses, chega outro número de Código Cero na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco dixital Magzter.
Nesta nova entrega dedicamos unha especial atención á elección da cidade da Coruña como sede da Axencia Española de Supervisión de Intelixencia Artificial (AESIA). Tamén abordamos os seguintes temas:
– O Nodo de Intelixencia Artificial levará as tecnoloxías máis avanzadas ás industrias galegas
– O Goberno concede axudas a catro relevantes proxectos do CITIC
– Xoán Miguel Barros Dios fálanos das medidas que debemos tomar para combater o radon
– O Plan Único comeza 2023 cunha importante contribución de banda larga para a nosa terra
– Fernando Suárez (CPEIG) achéganos ás tendencias tecnolóxicas do novo ano coa axuda da IA
– Internet ábrese camiño entre os galegos de maior idade
– A Xunta avalía as claves da designación da Coruña para acoller a AESIA
– O Goberno confirma que A Coruña será a sede da AESIA
– Santiago premia a Inforhouse, Dinahosting, Creativas Galegas, MestreLab, QED e Infornet
– Compostela lanza unha aplicación sustentable para os móbiles, SmartWay
– CLUSAGA mostrou nun demoday os seus proxectos tecnolóxicos transformadores
– O proxecto Coperia axuda con IA aos pacientes de COVID persistentes
– Alumnado da USC lanza o Proxecto R.E.D.E.S. para promover navegacións seguras
– A Deputación da Coruña impulsa o maior estudio virtual de produción audiovisual de Galicia
– Entrevistamos a Julio Sánchez Agrelo, presidente da AETG e decano do COETG
– A cultura galega achegounos en novembro interesantes exemplos de actividade en liña
– Política Lingüística convoca unha nova edición do certame audiovisual Nós tamén creamos!
– A innovación galega volveu ser protagonista do panorama tecnolóxico neste remate do ano
