Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Pintos&Salgado analiza o Anteproxecto de Lei Orgánica para a protección de menores en contornas dixitais
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Pintos&Salgado analiza o Anteproxecto de Lei Orgánica para a protección de menores en contornas dixitais

S. P.
Publicado: 21/06/2024
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

victor_salgado_2_3_.jpgAo abeiro do novo Anteproxecto de Lei Orgánica para a protección das persoas menores de idade en contornas dixitais que o Consello de Ministros aprobou este mes de xuño xorden cuestións como a regulación do uso de smartphones en centros educativos e que deberá someterse agora a trámite parlamentario no Congreso dos Deputados, aspecto do que xa falamos en Código Cero, pois o dito Anteproxecto de Lei convértese nunha iniciativa que vén complementar o traballo dalgunhas Comunidades Autónomas como Galicia.
Dende o despacho de avogados da Coruña especializado en Dereito Dixital, Pintos&Salgado, someten a análise este tema e segundo o seu socio-director, Víctor Salgado, “estamos ante unha norma moi complexa cun obxectivo claro: acometer dunha maneira integral calquera tipo de risco que non estea ben cuberto polo resto de normativa en materia dixital e que afecte directamente aos menores”, e tamén advirte: “Aínda que detectamos que moitos aspectos deste Anteproxecto xa están cubertos polo actual ordenamento xurídico. Podemos correr o risco de estar sobrelexislando, é dicir, achegando solucións supostamente novas sobre solucións xa edificadas e contempladas na normativa previa. Sobrelexislar complica o coñecemento da lexislación, pero tamén a súa aplicación; non debe entenderse como un factor insubstancial”.
A complexidade do Anteproxecto vén dada, sobre todo, pola súa ambición: establece obrigas para os poderes públicos, pero tamén para entidades privadas e influencers, e adquire condición de lei orgánica, o que implica desenvolver aspectos de dereitos fundamentais da Constitución Española, algo que esixe un consenso político de gran envergadura e calado.
Resúmeo o avogado experto en dereito dixital: “Todos e todas estamos de acordo en protexer aos menores de idade dos perigos que se derivan de empregar mal a tecnoloxía, pero a discusión política está máis no como que no que lexislar. E, desgraciadamente, creo que se perde unha oportunidade de regular a maior problemática da nosa cibercultura: a elaboración de algoritmos que favorecen comportamentos adictivos, e máis particularmente dirixidos aos e ás menores”.
“É a falta de responsabilidade das grandes tecnolóxicas no deseño algorítmico o que nos leva a certificar o enorme impacto para o desenvolvemento dos e das adolescentes; vemos que promoven un consumo adictivo sen realizar unha reflexión ética sobre como está a prexudicar ao e á menor en termos de saúde mental, autoestima…”, expón Salgado. Para el, o Anteproxecto deberá evitar as redundancias e compaxinarse o mellor posible coa normativa preestablecida para estruturarse como un instrumento lexislativo eficiente.
Así, na análise que realiza Pintos&Salgado da norma impulsada polo Consello de Ministros, salientan tres novidades interesantes. Por unha banda, a orde de afastamento virtual: “podería entenderse como un concepto de utilidade para protexerse do ciberacoso, sobre todo como medida cautelar; suporía ter a capacidade lexislativa de que o xuíz prohiba calquera tipo de contacto, por calquera medio dixital, coa outra persoa involucrada. Nada de mensaxes por WhatsApp, Telegram, redes sociais, correos electrónicos, cero interacción para aumentar a protección”.
Asemade, o grooming, é dicir, o engano ou ciberacoso por parte dun adulto cara a un menor con obxectivos sexuais: “con este Anteproxecto non só se contempla, como xa se facía previamente, como tipo delituoso, senón que se estipula como un agravante para outros delitos, a principal novidade desde a interpretación xurídica”.
Por último, subliñan o aumento da idade mínima para que o menor consinta directamente o tratamento dos seus datos de 14 a 16 anos, un cambio que afecta á creación dun perfil en redes sociais; nun rango de idade inferior, o menor deberá contar coa autorización dos seus pais ou titor legal.
En resumo, Víctor Salgado insiste: aínda que efectivamente se recollan boas intencións no Anteproxecto, en moitas medidas non é necesario que se execute unha tramitación como lei orgánica, ben porque xa se contemplan dentro do actual panorama normativo (materias de alfabetización dixital ou penalización dos deepfakes) ben porque existen outras vías de apoio máis efectivas (accións de difusión e sensibilización, realización de estudos sobre o impacto das contornas dixitais nos menores).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?