A Universidade de Vigo ten aberto ata o vindeiro día 30 o prazo de inscrición para un curso de Introdución á programación de apps en iOS6/iOS7 que impartirá o profesional en desenvolvemento de aplicacións móbiles Pablo Formoso Estrada entre os días 4, 5, 18, 19, 25 e 26 de outubro e 8, 9, 15 e 16 de novembro en horario de 15:30 a 20:30 horas os venres e de 9:00 a 14:00 horas os sábados na Sede Campus da Escola de Enxeñería Industrial.
O curso presencial constará de 2 créditos teóricos e 3 créditos prácticos e está destinado a estudantes universitarios, programadores e deseñadores interesados en coñecer a metodoloxía de desenvolvemento de aplicacións para dispositivos móbiles de Apple, para o que para participar nesta actividade formativa é preciso contar con coñecementos de programación en Java, C e/ou C++, así como contar cun ordenador portátil de Apple co que haberá que asistir ás clases.
O prezo deste curso será de 190 euros, coa posibilidade de obter unha bolsa de 95 euros.
Aberta a inscrición a un curso de programación de aplicacións móbiles para iOS en Vigo
Compartir Este Artigo

