A Axencia Galega de Innovación (GAIN) celebra esta semana unha xornada para dar conta das axudas incluídas nos programas Conecta PEME (do que xa temos falado con motivo do convite de Gradiant a traballar conxuntamente coas empresas que queiran ter acceso aos seus fondos) e Bonos de Innovación. Será unha xornada de carácter práctico e ao seu abeiro amosaranse polo miúdo as características, vantaxes e potencialidades destas novas convocatorias de apoio ás empresas que apostan pola innovación. A cita será este martes 17, ás 10.30 horas, na sede da Confederación de Empresarios de Galicia, na rúa do Vilar de Santiago. Para quen precise máis datos sobre a xornada, dicirlle que xa está habilitado na Rede o programa da xornada en formato PDF.
A cita contará coa presenza de Ramón Conde, conselleiro de Economía, e de José Manuel Fernández Alvariño, presidente da CEG, que serán os encargados de inaugurala oficialmente. Ás 10.45 está previsto que se aborde a presentación das convocatorias propiamente dita e, arredor do mediodía, virá a intervención de Manuel Varela, director da Axencia Galega de Innovación. Durante a xornada os participantes terán a posibilidade de manter unha reunión bilateral con persoal da Axencia Galega de Innovación para resolver as posibles dúbidas que puideran ter.
GAIN celebra este martes en Santiago unha xornada sobre as dúas novas convocatorias de axudas á innovación
Compartir Este Artigo

