
Na entrega desta semana do programa de tecnoloxía da Radio Galega tamén contarase coa actriz Raquel Espada, protagonista da serie de televisión O Faro, quen dará conta dos seus primeiros contactos coa tecnoloxía e o uso que actualmente fai das TIC. Completarán o programa a habitual sección de novas elaborada en colaboración con Código Cero e a participación de Pablo Grandío, de Vandal.net, para comentar o último do sector dos videoxogos.
O espazo radiofónico poderá escoitarse este sábado na Radio Galega entre as 15:00 e as 16:00 horas (ou posteriormente a través do servizo de programación á carta da CRTVG).
Smarttek adiantará as prestacións do seu robot corta-céspede na Radio Galega
Compartir Este Artigo

