O IES Fraga do Eume acolleu hoxe a celebración dunha nova sesión dos encontros Formados e Profesionais, impulsados pola Consellería de Cultura para pór en valor e visualizar o traballo e o potencial dos estudantes e dos profesores dos centros da Rede Galega de FP e Hostalaría. Na xuntanza, o alumnado do centro de Pontedeume amosou o seu alto nivel formativo perante unha manchea de blogueiros e xornalistas especializados en gastronomía e turismo procedentes de todos os recantos da nosa terra e do ámbito estatal.
O encontro, no que participou o conselleiro de Cultura e Educación, Román Rodríguez, dirixiuse “a aproveitar as oportunidades que supoñen as redes sociais e as novas tecnoloxías” para facer que o mundo vexa ás nosas novas promesas no sector da hostalaría e a restauración.
A xeira de contactos de hoxe foi a sexta sesión do devandito programa. Foi especialmente significativa por tratarse dun centro que, en palabras dos seus responsables, “é un referente no ensino desta familia profesional”. Nel impártense, entre outros estudos, a Formación Profesional básica de Cociña e Restauración e os ciclos de grao medio en Cociña e Gastronomía (en réxime ordinario e modular para adultos).
O IES Fraga do Eume acolleu un encontro con blogueiros
Compartir Este Artigo

