
Ademais, o servizo achegará unha ligazón á sede electrónica da USC onde estará dispoñible de xeito permanente a súa certificación persoal accedendo co código seguro de verificación (CSV).
A USC lembra que o documento é válido para presentar ante calquera institución, organismos ou empresa como acreditación dos estudos cursados na institución académica compostelá, verificable na sede electrónica universitaria co CSV.
En materia de seguridade, a USC sinala que as certificacións académicas con sinatura electrónica son documentos seguros e comprobables polo “que xa non será preciso compulsalos, procedemento que se simplifica a través do código seguro de verificacións, o cal permite comprobar o documento en web”.
O alumnado da USC xa pode solicitar a súa certificación académica en formato electrónico
Compartir Este Artigo

