Vodafone vén de anunciar que quere recoñecer a fidelidade dos seu clientes este verán. Deste xeito, con vistas a que poidan tirar o máximo partido das aplicacións e das navegacións en liña, vén de anunciarlles que duplicará os datos das tarifas de pregapamento (aplicable aos plans Vodafone Yu, Vodafone Internacional Smartphone e Vodafone in Spain). Segundo informa a operadora nun plano máis detallado, “os clientes que renoven a cota destes plans entre o 14 de xuño e o 31 de agosto poderán beneficiarse do dobre de GB durante catro semanas e de maneira automática”. Isto tamén será válido para os usuarios que se dean de alta nestas tarifas.
En termos concretos, quen teña un plan Megayuser con 3,5 GB pasará a ter 7 GB. E quen teña un Superyuser de 2, será “recompensado” con 4 GB.
Por outra banda, Vodafone tamén informou de que as tarifas Vodafone Yu inclúen chamadas de balde a outros clientes de Vodafone yu e minutos a outros operadores as 24 horas, así como a itinerancia na Unión Europea, Islandia, Noruega, Liechtenstein, Suíza, Albania, Turquía e en EE.UU. A oferta está dispoñible desde esta cuarta feira, 14 de xuño, e ata o 31 de agosto de 2017, tanto para os clientes actuais como para novos clientes.
Vodafone duplica este verán os datos das tarifas de prepagamento
Compartir Este Artigo

