A Aula AMTIC de Ames celebra o Nadal con tres formacións para adultos e cativos
xoves, 11 de decembro do 2025
Logo dos dous cursos ofertados o pasado mes de novembro, a Aula AMTIC do Concello de Ames presenta neste mes de Nadal tres formacións enfocadas ás festas de Nadal. Serán tres novos cursos, un para adultos e outros dous para os máis cativos, que comezarán a partir do dÃa 17 de decembro e ata o final do ano.
Crea e Sorprende: VÃdeos de Nadal con Canva e IA é un curso dirixido ás persoas adultos. Nel, os participantes aprenderán a deseñar os seus propios vÃdeos personalizados mediante ferramentas dixitais e de intelixencia artificial, co obxectivo de sorprender a familiares e amigos mentres aprenden técnicas sinxelas de deseño dixital. O curso desenvolverase durante os dÃas 17, 18 e 19 de decembro de 10.00 a 12.00 horas.
Actividades para a rapazada
En canto aos nenos e nenas, estes terán dous obradoiros. O primeiro será Mini Artistas Dixitais: Postais de Nadal divertidas con Canva, os dÃas 22 e 23, de 10.00 a 12.00, onde os cativos e cativas aprenderán a crear as súas propias postais de Nadal mentres aprenden a utilizar ferramentas dixitais de deseño. A actividade está dirixida para nenos e nenas de 5 a 7 anos.
Por outra banda, a Aula AMTIC tamén oferta un obradoiro para mozos e mozas de 8 a 13 anos os dÃas 29 e 30 de decembro, de 10.00 a 12.00 horas: Nadal Creativo: Programa as túas propias postais con Scratch. Nesta actividade, os participantes aprenderán a programar postais de Nadal coa plataforma de iniciación á programación Scratch mentres potencian a súa creatividade e as súas habilidades con ferramentas dixitais.
A inscrición en calquera destes cursos pode realizarse chamando ao número de teléfono 698 172 347 (os luns de 09.00 a 14.00 e os mércores, xoves e venres, de 10.00 a 12.30 e de 16.00 a 20.00 horas), enviando ao enderezo informatica.milladoiro@gmail.com a solicitude de inscrición cuberta e asinada ou de xeito presencial na aula AMTIC do Milladoiro en horario de aula aberta (de luns a venres de 09.00 a 13.00 horas). A ficha de inscrición xa se pode descargar da Rede.
