A BBC achega os seus podcasts ó iPhone
xoves, 15 de novembro do 2007
A chegada o iPhone ó Reino Unido levou á BBC a
adaptar a web na que se levan os seus podcasts
á súa audiencia para
que os usuarios tanto do iPhone coma do iPod Touch poidan acceder ás gravacións
sonoras que publican a través da Internet.
Nun principio os usuarios poden sincronizar os podcasts a través de iTunes, pero cando non teñen un ordenador iso
non é posible dado que a versión sen fÃos da tenda de Apple non permite a
subscrición e descarga deste tipo de publicacións audiovisuais, de aà que a BBC
traballe para superar tal atranco, aproveitando asà os novos soportes para
facer máis atractivo o acceso ós seus contidos.
Mediante esta nova plataforma os contidos da BBC non se poden descargar (por
limitacións do iPhone) pero se poden reproducir mediante streaming, polo que os ficheiros diferidos funcionarÃan coma se
pertencesen a unha emisora en directo á
carta.
Para acceder ó novo servizo hai que visitar dende Safari o enderezo bbc.co.uk/podcasts e, de querer
botarlle unha ollada dende o ordenador tamén existe un enderezo
alternativo para poder ver cómo se adaptou a web dos Podcasts da BBC para a
súa elegante e cómoda navegación no dispositivo portátil de Apple.
