A BBC distribuirá os seus programas en alta definición a través de redes P2P
xoves, 21 de decembro do 2006

- A serie Cabaleiros con Aquel volveu a emitirse recentemente pola TVG
AÃnda
non se coñecen os detalles, pero o caso é que a canle británica BBC chegou a un acordo
con Azureus para a distribución a través da tecnoloxÃa P2P coñecida coma
BitTorrent dos programas da canle televisiva, de xeito que non precisan dunha
grande infraestrutura para unha boa difusión dos programas en alta definición.

- Dr. Who é un dos clásicos da BBC máis salientables
A aplicación informática que se empregará para as descargas coñécese coma Zudeo, e actualmente xa distribúe múltiples
contidos de balde, coma videoclips ou trailers de videoxogos, no que supón unha
importante ferramenta para a descarga de contidos a unha velocidade abraiante.
A
BBC difundirá clásicos coma o Dr. Who
ou Cabaleiros con Aquel (que a
Galicia chegaron no seu dÃa a través da TVG) e incorporarán tecnoloxÃa DRM para
impedir a súa distribución a través doutros sistemas P2P.
Non se coñece cómo será a comercialización destes programas, pero esta
iniciativa poderÃa servir para satisfacer a demanda de contidos en alta
definición mentres non se normaliza o seu uso en soportes fÃsicos (Blu-ray e HD
DVD).
