A BBC pecha unha nova alianza estratéxica con YouTube
mércores, 21 de xaneiro do 2026
A BBC e YouTube anunciaron unha nova alianza estratéxica orientada a reforzar a produción de contidos dixitais, ampliar a presenza da corporación pública na plataforma de vÃdeo e impulsar a formación de creadores e produtores audiovisuais en todo o Reino Unido.
O acordo inscrÃbese na estratexia value for all da BBC, coa que a entidade busca garantir que os seus contidos cheguen ao conxunto da cidadanÃa alà onde se atope, complementando servizos propios como BBC iPlayer e BBC Sounds, onde as novas producións se estrearán de maneira simultánea.
No marco desta colaboración, a BBC reforzará a súa actividade en YouTube arredor de catro grandes eixes. Por unha banda, crearase unha oferta especÃfica para nenos e mozos, con novas canles temáticas dirixidas a públicos concretos e contidos procedentes de marcas recoñecidas da corporación. Tamén se potenciarán programas emblemáticos da BBC co obxectivo de chegar a persoas que non consumen habitualmente os seus servizos. A alianza inclúe ademais unha aposta por información rigorosa e de calidade, con novas canles globais, retransmisións en directo e formatos innovadores, asà como unha estratexia orientada a impulsar o crecemento comercial a través de comunidades de seguidores a escala internacional.
Segundo datos da propia BBC, esta liña de traballo xa está a dar resultados relevantes, cun total de 15.000 millóns de reproducións anuais de contidos de BBC Studios en YouTube e cun tempo de visualización que case se duplicou no último ano, especialmente en mercados internacionais clave.
O acordo tamén contempla un ambicioso programa de formación e capacitación profesional, en consonancia co plan do Goberno británico para o sector das industrias creativas. A iniciativa combinará recursos da BBC e de YouTube e estará liderada pola National Film and Television School. Un total de 150 profesionais do sector audiovisual participarán en obradoiros e encontros destinados a mellorar as súas competencias en creación de contidos para YouTube, cun programa que se desenvolverá tanto en liña como nos centros da BBC en Salford, Birmingham, Glasgow, Newcastle, Belfast e Cardiff.
