A BBC podería estar a preparar un videoxogo do Doutor Who

xoves, 9 de agosto do 2007 Marcus Fernández

As adaptacións de películas e series de televisión a videoxogos son algo bastante recorrente, e agora podería ser un personaxe moi representativo dos primeiros anos da TVG o que volvese en forma de videoxogo, xa que se rumorea que a BBC está a preparar un xogo do Doutor Who.


Cabeceira da serie emitida pola TVG

Segundo parece, a compañía Ironstone Partners estaría a desenvolver o xogo que publicaría Eidos, pero non se coñecen detalles como as plataformas para os que sairía ou mesmo a imaxe que tomaría o Doutor, aínda que sería posible que se puidesen seleccionar distintas encarnacións que irían dende o actor actual ata o carismático Tom Baker que se puido ver nas pantallas galegas.

PUBLICIDADE