A Blogaliza renova a súa portada con novos contidos
luns, 4 de maio do 2009
Cumprindo co
prometido, o pasado dÃa 1 a Blogaliza
estreou un novo deseño de portada da súa web, que marca o comezo dunha nova
etapa neste iniciativa blogueira galega que acolle a boa parte do blogomillo.
Esta Blogaliza 2.0 non é un portal que nos achega aos blogues que alberga,
senón que tamén presenta información de moitas outras fontes, entre as que
están medios de comunicación tradicionais ou plataformas de microblogging (coma Twitter e Lareta).
Esta nova etapa xa conta cun soportal das Letras,
onde se recolle moita información cultural e literaria, e que será unha das
moitas ampliacións temáticas que terá o novo sistema.
