A CBS proba un reprodutor de vídeo en alta definición para a web

venres, 28 de marzo do 2008 Marcus Fernández

O vídeo en alta definición está a entrar en moitos fogares norteamericanos a través da televisión e das consolas de videoxogos, pero a Internet tamén parece ser unha plataforma atractiva para achegar ese tipo de contidos, polo que a CBS está a probar un reprodutor web de alta defición mediante streaming (non carga progresiva) en formato H.264/AVC a 480p, que en breve tamén soportará resolucións de 720p e 1.080p.
Servizos coma Hulu xa inclúen alta definición dende os seus comezos, deixando elixir ós seus usuarios entre varias resolucións atendendo así tanto ó tamaño da pantalla dende a que se ven os vídeos, como á velocidade dos accesos á Rede, supondo este último elemento un importante atranco para a alta definición, xa que para ver vídeo en alta definición se precisa dunha velocidade neta de 2,5 Mbps, o que non poden manter a meirande parte dos accesos domésticos á Rede.

PUBLICIDADE