A CIG renova a súa web
mércores, 4 de marzo do 2009
A Confederación Intersindical Galega (CIG), despois dun ano
levando a cabo movementos para a posta en marcha dun novo sitio web máis
accesible para os traballadores e traballadoras de Galicia, vén agora de renovar a súa páxina web,
engadindo novos contidos clasificados, eventos, seccións para a descarga de
arquivos e foros para a participación dos seus afiliados e afiliadas.
Estes últimos teñen a posibilidade de rexistrarse na web
para acceder aos contidos non públicos que poden ser do seu interese así como
ter acceso a un sistema de consultas directas ao sindicato vía Internet,
mensaxería privada, correo electrónico…
Porén, os responsables da nova ferramenta veñen de anunciar
que o sitio “aínda non está totalmente
desenvolvido” e que “paseniñamente”
irán arranxando os erros e dificultades que se atopen durante a navegación.
Asemade, aseguran ir incorporando novas seccións e
información actualizada, así como o acceso aos antigos foros, que estarán a
disposición dos interesados máis só para a súa lectura.