A CSAG contará cun orzamento de 140 millóns de euros para afrontar os retos da nova sociedade dixital
venres, 31 de outubro do 2025
A Corporación de Servizos Audiovisuais de Galicia (CSAG) contará cun orzamento de 140 millóns de euros para o exercicio 2026, o que supón un incremento do 3,1 % respecto ao ano anterior. Asà o anunciou a directora xeral da entidade, Mª Concepción Pombo Romero, durante a súa comparecencia no Parlamento de Galicia, onde presentou as liñas principais das contas da corporación recentemente creada.
Segundo explicou Pombo, este orzamento reflicte o compromiso da CSAG cos catro vectores da Estratexia Dixital de Galicia 2030: igualdade dixital, foco nas persoas, impulso dun ecosistema dixital forte e liderado dixital. «O orzamento incorpora a modernización tecnolóxica e a innovación como eixe da actividade da CSAG, potencia os servizos informativos como núcleo da prestación e determina unha nova actuación focalizada na dixitalización do arquivo da CSAG, ademais de potenciar o traballo nas redes sociais como instrumento para a provisión de contidos», afirmou.
Entre as partidas máis destacadas figuran os 64 millóns de euros destinados á compra de contidos e servizos exteriores, o que representa o 45 % do total. Dentro desta categorÃa, 45 millóns irán dirixidos á adquisición de cine, series de ficción, documentais e contidos de entretemento para televisión e plataformas dixitais como AGalega.gal, AGalegaAudio.gal e XabarÃn.gal.
A dotación para persoal mantense en 58 millóns de euros, o 41 % do orzamento, consolidando o vÃnculo fixo da totalidade do cadro de traballadores. En palabras da directora xeral, «estamos ante un novo escenario que consolida o vÃnculo fixo da totalidade do cadro de persoal como unha actuación estrutural e en continuidade».
Ademais, 12,3 millóns de euros están reservados como achegas patrimoniais, en previsión do litixio aberto entre as televisións públicas e a Facenda do Estado pola reclamación do IVE. Esta provisión permitirá garantir a continuidade do servizo público, independentemente do resultado do conflito xudicial.
Pombo tamén salientou os resultados dixitais acadados pola corporación na temporada 2024-2025, con 848 millóns de impresións e 730 millóns de visualizacións nas redes sociais, o que supón incrementos do 121 % e do 153 %, respectivamente, respecto ao perÃodo anterior. «A realidade é que, analizando o ecosistema real de audiencias que hoxe se compón da televisión e da radio medidas de forma convencional, e das audiencias dixitais, o que está claro, sen ningún xénero de dúbidas, é que a Corporación está no momento de maior expansión e alcance da súa historia», concluÃu.
