A Cámara de Santiago achega un obradoiro sobre vídeo impartido por Javier Rocamora
xoves, 5 de febreiro do 2026
A Cámara de Comercio Santiago organiza a semana vindeira unha nova xornada formativa de transformación tecnolóxica para as pequenas e medianas empresas e persoas autónomas da contorna compostelá e das comarcas da demarcación. Trátase do obradoiro práctico Creación de vídeo para web e redes sociais, abeirado ao programa Kit Dixital (Red.es). A cita será o 12 de febreiro ás 10.00 horas en formato presencial, na sede da Cámara no 40 da rúa República Checa (Polígono de Costa Vella).
Será unha xornada de balde cuxo obxectivo é “capacitar aos participantes nas técnicas e ferramentas para crear vídeos atractivos para redes sociais e web”.
Está dirixida a pemes, persoas autónomas e emprendedoras. O temario inclúe contidos que funcionan en vídeos, recursos técnicos para a elaboración de vídeos, uso da IA na creación de vídeo e un obradoiro práctico de creación de vídeo. A sesión rematará cunha rolda de consultas.
A persoa encargada de impartir a formacións é Javier Rocamora García, consultor autónomo especializado e con dilatada experiencia en mercadotecnia dixital, xestión de redes sociais e comercio electrónico desde 2008, operando baixo a marca comercial As 3 en Punto.
Esta xornada está organizada porla Oficina Acelera Peme para o Kit Dixital da Cámara de Comercio de Santiago de Compostela.
