A Comunidade Morfeo presenta as súas últimas novidades en materia de software libre
xoves, 12 de febreiro do 2009
A Escola
Técnica Superior de Enxeñaría de Santiago (ETSE) é o escenario escollido pola Comunidade Morfeo para presentar as súas
últimas novidades en materia de software libre na USC.
Esta
Comunidade está a traballar, actualmente, na definición de aplicacións de
software libre estándar e plataformas tecnolóxicas de base mediante a
transformación de produtos en “commodities”,
así como na creación de oportunidades de negocio ao redor de estándares
abertos, na protección a longo prazo dos investimentos en tecnoloxía e na súa
innovación constante mediante a súa aposta polos estándares abertos.
Ata o
momento, Morfeo orienta a súa liña de traballo á creación de relacións ‘win-win’ entre os seus membros, froito
do licenciamento libre da tecnoloxía desenvolvida o que posibilita unha mellora
e máis rápida transferencia de resultados entre os proxectos de I+D+i e o
mercado de produtos e servizos.
Esta
presentación está promovida pola Universidade Rey Juan Carlos I e polo grupo de
investigación Libresoft como unha oportunidade para coñecer ás diferentes
empresas e organizacións galegas relacionadas coas aplicacións abertas.
O acto
terá lugar mañá venres, 13 de febreiro, na ETSE a partir das 10:00 horas e os
interesados en asistir poderán atopar máis información na web oficial da iniciativa.

