A Coruña será unha das primeiras cidades en gozar de Vodafone Hogar 5G

mércores, 23 de novembro do 2022 Marcus Fernández

Vodafone anuncia que o 29 de novembro lanza o servizo Vodafone Hogar 5G, que permite levar as vantaxes da conectividade 5G a fogares e empresas. Este servizo permite conexións de até 1 Gbps a través dun router 5G autoinstalable capaz de dar conexión até 35 dispositivos á vez, precisando para funcionar simplemente ter cobertura da rede 5G do operador británico.
Inicialmente Vodafone Hogar 5G estará dispoñible en zonas de Madrid, Barcelona, Sevilla, Zaragoza, Málaga, Bilbao e A Coruña, e as súas áreas metropolitanas, continuando logo o seu espallamento por outras 65 cidades.
O servizo chega en 3 modalidades de contratación:
– Vodafone Hogar 5G: inclúe conexión á Internet a través do router 5G e liña fixa con chamadas a fixos e móbiles por 31 euros/mes.
– Vodafone Hogar 5G Ilimitada Básica: inclúe conexión á Internet a través do router 5G e liña fixa con chamadas a fixos e móbiles, así como unha liña móbil con chamadas e datos ilimitados a 10 Mbps de velocidade por 49 euros/mes.
– Vodafone Hogar 5G Ilimitada Max: inclúe conexión á Internet a través do router 5G, liña fixa con chamadas a fixos e móbiles, liña móbil con chamadas e datos ilimitados a máxima velocidade, segunda liña móbil con 200 minutos en chamadas e 15 GB de datos, e Vodafone TV con 30 canles por 55 euros/mes.
En calquera dos casos o cliente terá que aboar 5 euros/mes durante os primeiros 36 meses para financiar o router 5G.

PUBLICIDADE