A DGT informa sobre a situación actual do tráfico a través unha ferramenta baseada en Google Maps
xoves, 9 de agosto do 2007

- A DGT permite consultar retencións de tráfico
A Dirección Xeral de
Tráfico (DGT) amplÃa as posibilidades de información ó condutor dende a súa
páxina web grazas a unha nova aplicación informática que integra o sistema cartográfico de Google
Maps para a visualización de datos de tráfico, meteoroloxÃa e imaxes de
cámaras a través da Internet.
O usuario pode acceder á información presente nos dispositivos instalados nas
estradas como equipos de tomas de datos que achegan o número de vehÃculos, velocidade,
densidade de circulación... nun tramo de estrada; información de estacións
meteorolóxicas e as mensaxes dos panais luminosos.
A interface de uso deste novo sistema de mapas permite a visualización a xeito
de mapa ou con imaxes hÃbridas que engaden imaxes aéreas das zonas exploradas.
Hai que destacar que o sistema está en español, galego, catalán, vasco, francés
e inglés. Os usuarios rexistrados poderán crear páxinas personalizadas cos seus
traxectos habituais (o que suporá un aforro de tempo en consultas ulteriores).

- O novo servizo tamén permite a consulta de cámaras de tráfico
A nova ferramenta resulta de especial utilidade para planificar desprazamentos (principalmente en longas distancias) pois se poden ver cortes de estradas, atascos e outro tipo de incidencias, que polo momento achega información en tempo real de dispositivos instalados en Castela, Galicia, Estremadura, Madrid, Asturias e Cantabria, agardándose que en pouco tempo inclúa toda a xeografÃa española.
