A DS terá un novo título de terror xaponés

martes, 15 de abril do 2008 Marcus Fernández

Aínda que a Nintendo DS sexa unha consola na que trunfen os xogos dirixidos aos cativos, dende Spike pensan que é posible facer títulos de terror para a portátil de Nintendo, polo que preparan Twilight Syndrome: Kinjiraneta Toshi Densetsu, que seguiría os pasos do popular cine de terror asiático

Escena do xogo no que as protagonistas xogan cunha táboa ouija

(con películas coma The Ring, Ju-On ou Dark Water) permitíndonos seguir as aventuras de dúas mozas de instituto que xogan coas forzas sobrenaturais e se envolven nun misterio no que os seus amigos (cos que se comunican mediante SMS) van desaparecendo sen deixar rastro.
O xogo sairá á venda no Xapón o vindeiro 24 de xullo, descoñecéndose se chegará ao resto do mundo.

PUBLICIDADE