A Deputación de Ourense intégrase no Espazo de Datos da Saúde DATAlife para traballar contra o deterioro cognitivo
martes, 2 de xuño do 2026
Dende a Deputación de Ourense veñen de anunciar a súa integración no Espazo de Datos da Saúde DATAlife, liderado polo Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA), logo de obter unha subvención da Entidade Pública Empresarial Red.es que financiará o 100 % dos gastos asociados á súa adhesión a esta iniciativa estratéxica.
Engadir que a concesión desta axuda enmárcase na convocatoria do programa Kit Espazos de Datos, incluÃda no Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia e está financiada pola Unión Europea a través dos fondos Next Generation EU. Cómpre salientar que a Deputación de Ourense figura entre as sete únicas entidades beneficiarias desta convocatoria en toda España.
A participación da institución provincial neste proxecto responde á súa aposta pola innovación e pola valorización dos datos como ferramenta para mellorar os servizos públicos e avanzar na toma de decisións baseada en evidencias.
Que suporá a integración en DATAlife? Pois permitirá enriquecer os activos de información da Deputación mediante o intercambio seguro de datos, mantendo sempre o control sobre a información compartida e garantindo o cumprimento da normativa vixente en materia de protección de datos.
Para comezar, a Deputación incorporará un conxunto de datos estruturados e anonimizados (sen referencias a identidades) procedentes do servizo provincial de Teleasistencia Domiciliaria Avanzada nos concellos da provincia. Estes datos inclúen variables sociodemográficas das persoas usuarias, información sobre intervencións realizadas, seguimento asistencial e incidencias técnicas do servizo.
Que obxectivo se persegue? Pois estes datos van ser empregados, en combinación con outras fontes de información presentes no ecosistema DATAlife, para impulsar proxectos de investigación e innovación orientados á mellora da saúde e da atención ás persoas.
Un exemplo será o desenvolvemento dun modelo avanzado de intelixencia artificial, baseado en técnicas de Machine Learning e Deep Learning, capaz de analizar datos multimodais de persoas usuarias da teleasistencia domiciliaria para identificar factores de risco asociados ao desenvolvemento de enfermidades de deterioro cognitivo, antes da aparición de sÃntomas clÃnicos severos.Esta predición temperá poderÃa contribuÃr a mellorar a calidade de vida das persoas usuarias, facilitar unha planificación anticipada dos coidados por parte das familias e persoas coidadoras, e favorecer un uso máis eficiente dos recursos sanitarios.
DATAlife fomenta a colaboración interdisciplinar e a xeración de coñecemento compartido para afrontar retos de gran impacto social, como a prevención de enfermidades ou o envellecemento da poboación.
A Deputación de Ourense reforza asà o seu compromiso coa transformación dixital, a innovación pública e o desenvolvemento de solucións tecnolóxicas orientadas a mellorar o benestar da cidadanÃa, especialmente das persoas maiores e dos colectivos máis vulnerables.
