A Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual abre o prazo de inscrición do seu curso sobre vÃdeo na Rede
luns, 18 de decembro do 2006
Internet non só
lle abre novas canles de expresión a xornalistas, escritores e, en xeral a toda
aquela persoa que teña algo que dicir pero que non queira (ou non poida) contar
con xornais ou editoriais como mediadores.
Tamén abre interesantes vieiros para a expresión audiovisual, sobre todo no que
se refire a curtametraxes (máis sinxelas de pendurar e distribuÃr ó mundo
enteiro). Informar en todo que sexa posible deste último punto é o obxectivo do
curso VÃdeo na Internet que está a
organizar a Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual e que abre hoxe luns 18
o seu prazo de inscrición para o público en xeral.
Os interesados poden darse de alta a través da web do Centro
Multimedia de Galicia ou ben por medio do seguinte número de
teléfono: 981 545 062. O curso, que se desenvolverá do 15 de xaneiro ó 8 de
febreiro, xirará arredor de cuestións como os cambios que leva consigo a
integración do vÃdeo na Web ou os que afectan a procesos como os de produción e
posprodución ou á mesma linguaxe audiovisual en si mesma.
Segundo informa a Dirección Xeral, a actividade formativa (de 45 horas), conta
cunhas horas de titorÃas e unhas horas dedicadas á formación. Nas horas de
titorÃas os alumnos
poderán comunicarse co profesor a través de videoconferencia ou do chat e
resolver todo tipo de dúbidas nas horas marcadas para as titorÃas. Durante as
clases prácticas os alumnos elaborarán unha peza audiovisual que subirán
despois ao portal audiovisualdegalicia.es da Dirección Xeral de Comunicación
Audiovisual.
