A Epic Games Store regala o xogo FEZ

xoves, 22 de agosto do 2019 Marcus Fernández

A Epic Games Store non só está a atraer xogadores conseguindo lanzamentos en exclusiva temporal na súa versión para PC, senón tamén regalando videoxogos, e xusto estes días está a chamar moito a atención por agasallar a todos os usuarios que o soliciten o xogo independente FEZ, un dos títulos máis premiados dos últimos anos, que poden conseguirse de balde até o 29 de agosto, cando habitualmente ten un prezo de 7,99 euros.
Tamén está previsto que entre os días 29 de agosto e 5 se setembro sexa posible conseguir tamén de balde os xogos Celeste e Inside, ou sexa, outros dous xogos que, pese a chegar de estudios independentes, conseguiron deixar pegada en público e crítica, converténdose practicamente en imprescindibles, polo que poder facerse con eles de balde é unha magnífica oportunidade.

JPEG - 111 KB
FEZ é un xogo impresionante no que xogan coa tridimensionalidade nun mundo bidimensional

PUBLICIDADE