A Eurocopa de fútbol emitirase en aberto para os clientes de R

luns, 2 de xuño do 2008 Raquel Noya

Os clientes do operador galego R afeccionados ao fútbol están de boas, xa que poderán seguir en aberto tódolos partidos que xogue España na Eurocopa de Austria e Suíza (que comezará o vindeiro día 7 de xuño) así como os máis importantes da primeira fase e tamén os que se emitan ás 20:45, xunto cos cuartos, as semifinais e a final, sen ter que pagar por eles.
Todos estes partidos emitiranse en R a través de Cuatro (dial 74) así como en diferentes horarios a través da Eurosport (dial 41) e de Eurosport 2 (opción extra, dial 42).
Asemade, a través de R tamén se emitirá o programa Euro 2008 Press Conference en Eurosport 2, un boletín de 15 minutos de duración que inclúe imaxes das roldas de prensa e dos campos de adestramento dos equipos participantes.

PUBLICIDADE