A Fox, contraYouTube por difundir vídeos inéditos de dúas das súas series

martes, 30 de xaneiro do 2007 Raquel Noya

Tal e como moitos internautas puideron comprobar os días pasados, ata un total de catro capítulos da nova tempada da serie de televisión 24 (protagonizada por Kefer Sutherland), apareceron no portal de YouTube antes de que foran retransmitidos pola propia televisión, o que fixo que a Fox se alporizase de xeito notorio. Ademais, un subscritor que emprega o nome “ECOtotal” distribuíu 12 episodios de The Simpson a través do mesmo portal, unha serie que (por certo) tamén pertence á canle americana. Para arranxar o problema, o estudio Twentieth Century Fox, de News Corp. enviou unha citación xudicial ó servizo de vídeos en liña YouTube de Google Inc, para que informe quen cargou no seu sistema as devanditas series e poder así deter a infracción.
Polo visto, o mesmo material audiovisual tamén foi difundido por un usuario baixo o nome de Jorge Romero no portal LiveDigital, contra o que a Fox tamén emitiu unha citación. Dito portal asegura que o material foi removido de xeito inmediato.