A Fox leva as súas series a MySpace

martes, 3 de outubro do 2006 Marcus Fernández

Imaxe da serie Prison BreakA grandes canles de televisión norteamericanas están a levar os seus contidos á Rede como un xeito de non perder público, e achegar así novas fontes de financiamento mediante a publicidade, o que está a propiciar unha revolución por parte das grandes compañías, que non queren que os seus contidos se compartan na Internet de balde, preferindo publicalos dun xeito controlado do que poidan ter o control e sacar proveito.
Nesta liña, a Fox estreou o seu propio espazo en MySpace (chamado Fox Full Throttle), de xeito que permite ver as últimas tempadas das súas series de éxito (Prison Break, Bones, Standoff, Vanished, Talk Show with Spike Feresten, The Loop e Justice, ás que se irán engadindo outras) de balde, aínda que para comezar cada episodio hai que ver un breve anuncio (no momento de escribir estas liñas é un clip de 10 segundos promocionando o Toyota Yaris). Convértese así dun xeito de achegar ás series de televisión a un público emerxente, que tamén se complementa coas webs das emisoras afiliadas á Fox, polo que cada día fan máis doado ver televisión a través da Internet, que aínda falta que despegue fóra dos EE.UU.
O espazo da Fox en MySpace

PUBLICIDADE