A Fundación Príncipe de Asturias estrea webs informativas sobre os seus Premios

martes, 17 de outubro do 2006 Marcus Fernández

A Fundación Príncipe de Asturias inaugurou dominios de Internet para permitir o achegamento de información relativa a tódolos actos que se desenvolven nos días previos á celebración da cerimonia dos Premios Príncipe de Asturias.
Non só contan con Canalfpa.com, senón que tamén contan con Fpachannel.com, ou sexa, unha versión en inglés nas que tamén se poden ler as novas sobre a Fundación, que xa contaba con web de seu.
As novas webs pretenden servir de complemento informativo en tempo real ás conferencias, roldas de prensa e distintos actos que se celebrarán durante a semana do 16 ó 22 de outubro en Asturias.
Os contidos destas novas webs estarán constantemente actualizados, e permitirán ós usuarios da Internet o acceso a galerías de imaxes moi completas con cada un dos galardoados e cos distintos actos da semana dos Premios, complementados con artigos, vídeos e crónicas.