A Igrexa británica está molesta por un xogo para PS3

luns, 11 de xuño do 2007 Marcus Fernández

O xogo de PlayStation 3 Resistence: Fall of Man, que xa vendeu máis dun millón de copias e que incluso se venderá a partires da vindeira semana nun paquete coa consola de Sony, está a resultar sumamente polémico no Reino Unido, posto que a Igrexa do país non aproba que no videoxogo apareza a catedral de Manchester, polo que ameazan a Sony de emprender medidas legais se o xogo non é retirado e se desculpan polo que consideran que é unha actitude “altamente irresponsable” ó amosar o interior do templo coma un campo de batalla no che aparecen centos de mortos e no que se disparan armas de fogo.
Os delitos con armas son un grave problema no norte de Inglaterra, de aí que consideren que este tipo de xogos son prexudiciais para os mozos, que ven como “un lugar de aprendizaxe, oración e patrimonio é presentado ó mercado da xuventude coma un lugar onde se poden disparar armas” tal e como afirmou Nigel McCulloch, arcebispo de Manchester.
O xogo está recomendado para maiores de idade, e destaca pola súa violencia e terror:

PUBLICIDADE