A Industriosa achéganos o 20 de xaneiro aos cribercrimes que ameazan á mocidade na Rede
martes, 2 de xaneiro do 2024
O
vindeiro sábado 20 de xaneiro comezan as actividades de 2024 de A
Industriosa, o laboratorio tecnolóxico, participativo e cidadán de
Vigo. A
axenda arrinca con Menores e Novas Tecnoloxías, Benvidos ao
deserto do real. Contarase
coa participación de Gonzalo Sotelo, profesional con décadas de
experiencia en cibercrime e que é especialista en casos relacionados
con nenos e adolescentes.
A
charla, deseñada para profesores e pais, abordará os delitos máis
comúns na actualidade. Así nolo explican dende A Industriosa:
“Trataremos sobre os usos e costumes dos rapaces coas TIC, a
percepción que teñen sobre a súa identidade dixital, os riscos de
determinados comportamentos usuais no seu día a día,
responsabilidades dos pais e tocaremos tamén unha ferramenta nova da
AEPD que é a Canle Prioritaria”. Ademais, proporcionaranse pautas
para identificar se un neno está a ser vítima destes delitos e
explicarase como actuar en caso de atoparse en tal situación.
Gonzalo
Sotelo é un experto cunha destacada traxectoria no ámbito da
seguridade e a investigación tecnolóxica. A súa formación inclúe
diplomados en Policía Xudicial polo Ministerio do Interior e a
Escola de Estudos Xudiciais da Universidade Complutense de Madrid.
Ademais, completou diversos cursos especializados en investigación
tecnolóxica a nivel nacional e internacional.
Ao
longo da súa extensa carreira no ámbito do cibercrimen, Gonzalo
colaborou con varias universidades galegas como profesor asociado. Na
actualidade mantén unha estreita colaboración coa Academia Galega
de Seguridade.