A Nintendo DS terá o seu Gauntlet en xuño
martes, 8 de abril do 2008
Gauntlet, o xogo arcade de Atari que chegou ao mercado en
1985 e que contou con conversións a case todas as plataformas de xogo dende
aquela (dende a NES ata para móbiles) chegará
agora á Nintendo DS grazas a Eidos.
Esta última adaptación precisa do uso da consola a modo libro (ou sexa, coas
dúas pantallas en vertical) e tirará proveito dos modos multixogador (Deathmatch, Team
Deathmatch e Treasure Horde). Permitirá elixir entre os 4
personaxes clásicos do xogo e contará con 40 mapas e 32 tipos de inimigos
diferentes.
Venderase a partir de
xuño a 29,99 dólares.