A Nintendo DS xa conta cun atractivo xogo musical

xoves, 30 de agosto do 2007 Marcus Fernández

A consola portátil de Nintendo non supera en vendas á PSP de Sony por ser máis potente, senón por contar con títulos realmente orixinais e divertidos, coma é o caso do novo Elite Beat Agents, que é un xogo no que hai que seguir o ritmo de cancións.
No xogo o usuario toma o papel dun grupo de axentes especiais que teñen que salvar a persoas en apuros bailando ó ritmo da percusión co lapis da DS. Como en xogos semellantes, o reto está en dar os golpes axeitados no momento preciso, e vén a ser unha conversión do xogo nipón Osu! Tatakae! Ouendan! pero cuns temas musicais recoñecidos en occidente de artistas coma Madonna, Queen, os Rolling Stones, os Village People ou David Bowie.