A Nintendo Switch 2 poderase mercar co xogo Leyendas Pokémon: Z-A
martes, 22 de xullo do 2025
AÃnda que actualmente a Nintendo Switch 2 só pode adquirirse solta ou incluÃndo un código de descarga co xogo Mario Kart World, esta situación vai mudar en breve, e teremos un xogo máis que recibirá o mesmo tratamento que o de condución de Mario: Leyendas Pokémon: Z-A.
O lote de Nintendo Switch 2 con Leyendas Pokémon: Z-A anunciouse hoxe, abrÃndose as reservas mañá mesmo, aÃnda que haberá que agardar ao 16 de outubro para telo entre mans, que é a data na que está prevista a chegada do xogo, que na tenda en liña de Nintendo xa está dispoñible en numerosos lotes incluÃndo extras que van dende un paquete de mellora ata un paraugas, unha cunca e unha gorra do agardado xogo.
Esta nova entrega da serie Leyendas Pokémon estará dispoñible para Nintendo Switch, contando a versión para Nintendo Switch con gráficos con maior resolución e unha maior velocidade de fotogramas.
Tráiler do xogo
