A Nintendo Switch poderÃa ser a consola máis vendida en 2019
venres, 30 de novembro do 2018
A Nintendo Switch non só está a superar
sobradamente os resultados de vendas da súa predecesora, a Wii U, senón que
está a converterse na consola máis desexada, cunhas fortÃsimas vendas o pasado Black
Friday e cunhas previsións moi optimistas se atendemos ás últimas informacións
de Strategy Analytics, compañÃa británica que sostén que Nintendo
vai recuperar o liderado na venda de consolas por primeira vez dende 2009.
A consultora prevé que en 2019 venderanse 17,3 millóns de Nintendo Switch,
mentres que Sony sumarÃa 17,1 millóns de consolas entre PS4 e PS4 Pro, mentres
que as Xbox One de Microsoft terÃan que conformarse con 10 millóns de consolas
vendidas.
AÃnda que o volume de consolas vendidas por Nintendo e Sony estará moi
igualado, cómpre lembrar que as marcas están en situacións moi diferentes, pois
a Switch é unha máquina emerxente, mentres que a PS4 é unha plataforma na súa
madurez, esperándose que en 2020 reciba á súa sucesora. En calquera caso Sony
ten actualmente preto da metade das consolas do mercado, polo que ten unha
posición moi sólida que permitiralle unha cómoda transición á vindeira
xeración.
O que si cómpre destacar é que a nivel mundial o número de consolas vendidas
estarÃa a chegar aos mellores niveis dos últimos 8 anos, deixando claro que as
predicións que se facÃan coa emerxencia dos xogos para dispositivos móbiles non
se cumpriron, e o xogo móbil conseguiu convivir coas consolas tradicionais,
sendo a Nintendo Switch o mellor exemplo de que as consolas de videoxogos aÃnda
teñen moito que dicir.
Nesta liña o informe de Strategy Analytics tamén asegura que nos últimos anos a
presenza de consolas de videoxogos no fogar medrou un 45% en Norteamérica e un
20% na Europa occidental.
A consultora tamén advirte de que, ao estarmos a aproximarnos a un perÃodo de
transición entre xeracións, espérase unha caÃda da facturación do sector
durante varios anos, de xeito que non se recuperará o nivel actual até 2023,
cando a vindeira xeración estea no nivel de madurez da xeración actual (comportamento
cÃclico do mercado que leva bastantes anos repetÃndose, aÃnda que a última
xeración conseguise alongar considerablemente a súa vida).