A PS3 estrea no Xapón unha versión prateada e xogos da serie Platinum

mércores, 6 de febreiro do 2008 Marcus Fernández

Os afortunados posuidores dunha PlayStation 3 no Xapón poderán adquirir xogos para a súa consola a un prezo moderado grazas á estrea dunha colección Platinum, que achegará títulos de éxito a 3.800 ines (24,41 euros) e que é unha boa nova para os usuarios de PS3 en todo o mundo, pois suporá unha pronta estrea desta liña de xogos en todo o mundo (estimándose que o prezo dos xogos en Europa podería estar ó redor dos 35 euros).
Polo momento a serie Platinum estrearase no Xapón o vindeiro 19 de marzo con xogos Resistance: Fall of Man, Folklore, Ninja Gaiden Sigma, Gundam: Target in Sight e Ridge Racer 7.
Ademais, a revista Dengeki anunciou que o mercado nipón tamén contará cunha versión prateada da PS3 que se venderá a 47.040 iens (302,14 euros) no seu modelo de 40 Gb, incluíndo tamén unha copia do xogo Yakuza 3 e un mando de xogo, así coma autocolates de dragón.

PUBLICIDADE