A PS4 poderase mercar co xogo FIFA 18

luns, 31 de xullo do 2017 Marcus Fernández

O 29 de setembro está previsto o lanzamento do xogo FIFA 18, e para celebrar esta grande novidade poranse á venda distintos lotes de consolas PlayStation 4 incluíndo o xogo, destacando o feito de que a PS4 con disco duro de 1 TB co FIFA 18 Edición Ronaldo sairá á venda o 26 de setembro, ou sexa, que dará 3 días de acceso anticipado ao xogo de fútbol de referencia para a nova tempada.
Esta edición especial inclúe o FIFA 18 en disco Blu-ray, ademais de varios artigos de FIFA Ultimate Team, unha cesión de Cristiano Ronaldo para 5 partidos de FUT, até 20 sobre Ouro Jumbo Premium de FIFA Ultimate Team (1 por semana durante 20 semanas) e outros lotes de FUT.
A partires do 29 de setembro tamén poderá mercarse a PS4 de 1 TB con FIFA 18 ou tamén incluíndo un segundo mando sen fíos DUALSHOCK 4, así como un lote de PS4 Pro co FIFA 18.

PUBLICIDADE