A PS5 ofrecerase en lote co xogo NBA 2K26

luns, 25 de agosto do 2025 Marcus Fernández

O baloncesto virtual regresa o 5 de setembro con NBA 2K26, nova entrega da saga que incorpora un sistema de xogo mellorado mediante tecnoloxías de aprendizaxe automática que achegan maior realismo tanto en ataque coma en defensa. Entre as novidades, destaca a mellora nos movementos dos xogadores, que agora se detén, axustan posicións e reaccionan de xeito máis natural.
O ritmo do partido inflúe directamente nos lanzamentos, e a defensa incorpora indicadores para calcular mellor os tempos nos rebotes. Ademais, introdúcense interaccións máis dinámicas nos choques e na defensa interior, afastándose das animacións predeterminadas.
O ambiente dos partidos tamén evoluciona con público máis variado, novas actuacións e animacións durante pausas e tempos mortos.
No modo MyTEAM, incorpóranse cambios relevantes como a chegada das xogadoras da WNBA, incluíndo tanto estrelas actuais como Angel Reese ou Caitlin Clark, coma lendas históricas como Lisa Leslie. O modo inclúe un nivel de Dominación específico para equipos formados integramente por xogadoras da WNBA. Tamén se engaden partidos 2 contra 2 no Parque Triple Amenaza, novas pistas urbanas para o xogo 3 contra 3 e o modo cooperativo Equipo All-Star con partidos de 5 contra 5.
Xunto ao lanzamento do xogo, estará dispoñible un pack especial que inclúe unha consola PlayStation 5, un mando DualSense e un cupón dixital para a edición estándar de NBA 2K26.

A partir do 5 de setembro poderemos mercar unha PS5 co xogo NBA 2K26