A PlayStation 3 supera os 70 millóns de unidades vendidas

venres, 16 de novembro do 2012 Marcus Fernández

A mediados do mes de outubro Microsoft presumía de que a súa Xbox 360 superaba os 70 millóns de unidades vendidas en todo o mundo, e hoxe é Sony quen asegura que a súa PlayStation 3 superou tal barreira a nivel global, á vez que detallan que o seu sistema de control de movemento, PS Move, vendeu máis de 15 millóns de unidades, dando a entender que a PS3 está nun bo momento, aínda que tardou 6 anos en conseguir achegarse ao nivel da consola de Microsoft.
Dende 2006 teríanse lanzado nada menos de 3.590 títulos, dos que se terían vendido máis de 595 millóns de unidades, o que está lonxe de rematar, pois pese a conxuntura económica global, espérase unha boa campaña de Nadal con títulos como Assassin’s Creed III, Call of Duty: Black Ops 2 e PlayStation All-Stars Battle Royale. Amais, non se espera unha nova xeración de consolas de videoxogos (¿PlayStation 4 e Xbox 720?) ata finais de 2013, polo que á PlayStation 3 aínda quedaríanlle como mínimo un par de anos con grandes lanzamentos.

PUBLICIDADE