A PlayStation Store oferta numerosos xogos a menos de 20 euros

venres, 19 de xaneiro do 2018 Marcus Fernández

Novas rebaixas chegan á PlayStation Store para revitalizar as vendas especialmente entre os que queren ampliar a súa colección de xogos sen realizar grandes investimentos, o que agradecerán especialmente os que se fixeran cunha PS4 no Nadal e queira gozar de moitos grandes xogos dos últimos anos a un prezo moi accesible. A nova promoción consiste nunha selección de numerosos xogos por menos de 20 euros.
Estas rebaixas facilítannos a compra dun xogo que supuxo unha grande revelación nos últimos meses como Hellbalde: Senua’s Sacrifice por 19,99 euros, de todo un imprescindible como The Last of Us Remastered por 19,99 euros, dun xogo tan agardado como The Last Guardian por 14,99 euros, de Okami HD por 13,99 euros, das dúas entregas de Metal Gear Solid V por 9,99 euros, de Fallout 4 por 14,99 euros, de Far Cry 4 por 11,99 euros, das 3 primeiras entregas de Uncharted a 7,99 euros cada unha, ou de God of War III Remasterizado por 14,99 euros (11,49 euros para usuarios con PS Plus).
Adicionalmente, e até o día 24, as subscricións a PlayStation Plus tamén están de oferta, de xeito que por 59,99 euros ao contratarse 12 meses de servizo recíbense 3 meses adicionais.

PUBLICIDADE