A Policía avisa de tentativas de estafas informáticas en Ribeira, Ferrol, Santiago e A Coruña

venres, 30 de xullo do 2021 S. P.

A Policía Nacional advirte dunha estafa informática a través do teléfono que afectou a numerosos cidadáns en distintos municipios da provincia coruñesa. De feito, tras detectalo en Ribeira, agora avisa de que tamén nas últimas semanas producíronse este tipo de feitos en Ferrol e previamente en Santiago de Compostela e A Coruña.
Segundo sinalan os axentes, en todos casos estase a dar a mesma metodoloxía: a vítima recibe unha chamada telefónica no seu teléfono fixo, na que unha persoa, normalmente con acento estranxeiro, faise pasar por traballador do servizo técnico dunha coñecida empresa de software e produtos informáticos, e infórmalle de que detectaron que no seu computador hai un problema relacionado cun virus.
Amais, o chamante di á vítima que poden solucionarlle o problema de “forma remota por un módico prezo, o cal deben abonar facilitando os datos do seu cartón de crédito”. En caso de que as vítimas acepten o trato (cousa que vén sendo habitual, dado o módico prezo do mesmo), procederase a instalar un programa que habilita o acceso remoto aos computadores das persoas supostamente afectadas polo virus, para, en teoría, eliminar este dos terminais. A partir de aí os criminais terán baixo control os equipos, cousa que os facultará para instalar diversos malwares cos que obter información e datos diversos, entre os que se contan os datos bancarios.
Ademais, e co pretexto de facer unha factura polos servizos prestados, o chamante adoita pedir á vítima os seus datos persoais completos, o seu D.N.I., e mesmo chegan a obter directamente das vítimas os seus datos bancarios completos.
Con estes datos, e cos facilitados polo usuario do seu cartón de crédito, os autores comezan a ordenar transferencias e pagos de todo tipo, que continúan ata que a vítima decátase dos movementos na súa conta.
A Policía Nacional recomenda o seguinte:
1. Nunca ofrecer información persoal ou bancario por Internet, a menos que sexa en sitios de total confianza. Cómpre asegurarnos de que o enderezo da web correspóndese co real e que esea comeza por https (fixar que non falte a “s” do final). Han de comprobarse para non ser vítima de phising e é necesario que teñamos en conta que o noso banco nunca pedirá eses datos por correo electrónico.
2. Non desestimar as medidas de seguridade para manter o noso perfil privado. Utilizar contrasinais de calidade (con letras, números e outros caracteres), cambiándoos cada pouco. Ao pensar na pregunta segreda, se é moi evidente, pode que estamos deixando unha porta aberta ás nosas contas de correo electrónico e perfís sociais.

PUBLICIDADE