A Switch 2 dispara os resultados trimestrais de Nintendo
venres, 1 de agosto do 2025
O lanzamento da Nintendo Switch 2 tivo un impacto inmediato nos resultados da compañÃa xaponesa, que vén de pechar o seu primeiro trimestre fiscal (abril-xuño de 2025) cun crecemento espectacular nas súas vendas. A nova consola superou os seis millóns de unidades vendidas en só sete semanas e, grazas ao seu maior prezo e á forte demanda mundial, contribuÃu decisivamente a que os ingresos da compañÃa se duplicasen con respecto ao ano anterior.
En total, Nintendo facturou 572.300 millóns de iens neste perÃodo, un 132 % máis que no mesmo trimestre de 2024. A nova Switch 2 supuxo máis de 555.000 millóns, impulsando tamén a venda de xogos asociados, coma Mario Kart World, que chegou ao mercado acompañado da consola o 5 de xuño. Só nese lanzamento, superáronse os 3,5 millóns de unidades vendidas nos primeiros catro dÃas.
A compañÃa celebrou eventos de presentación da Switch 2 en quince cidades de todo o mundo antes do seu lanzamento, nunha estratexia sen precedentes para Nintendo. A resposta do público foi masiva e, aÃnda que a demanda segue superando a oferta, a empresa asegura estar traballando para aumentar a produción e satisfacer a ansia pola nova consola.
O éxito da Switch 2 non fixo desaparecer o interese pola súa predecesora, que segue a ter un público fiel. AÃnda que as vendas da Nintendo Switch orixinal caeron un 53 % interanual (0,98 millóns de unidades), a base de xogadores mantense por riba dos 100 millóns anuais, o que Nintendo considera un activo clave para o éxito das dúas plataformas a curto prazo.
No entanto, o aumento das vendas tivo tamén consecuencias nos beneficios. O incremento na proporción de consolas fronte a xogos (e o feito de que a Switch 2 teña unha marxe de beneficio menor ca a Switch orixinal) provocou unha caÃda da marxe bruta, que pasou do 61,8 % ao 32,3 %. Malia iso, o beneficio neto medrou ata os 96.000 millóns de iens, grazas en parte á venda de activos financeiros.
De cara ao resto do ano fiscal, Nintendo mantén as previsións que xa avanzara en maio, cun obxectivo de 15 millóns de unidades da Switch 2 e 45 millóns de xogos vendidos para esa plataforma. Ademais, a compañÃa prepara unha baterÃa de lanzamentos destacados, tanto para Switch como para Switch 2, entre os que se inclúen novos tÃtulos de Pokémon, Metroid Prime 4: Beyond, Tomodachi Life ou Rhythm Heaven Groove, ademais das edicións melloradas para Switch 2 de xogos anteriores como The Legend of Zelda: Tears of the Kingdom.
A expansión do universo Nintendo non se limita ás consolas: en maio abriron unha nova tenda oficial en San Francisco e un novo parque temático de Super Nintendo en Orlando, e para outubro xa teñen data para o retorno de Nintendo Live en Tokio. A compañÃa segue a apostar por reforzar o contacto directo co público e manter o atractivo das súas marcas máis aló do mundo dos videoxogos.
