A Switch 2 estrea un xogo inspirado en cadeiras de rodas
xoves, 14 de agosto do 2025
Chega en exclusiva a Nintendo Switch 2 o xogo Drag x Drive, unha proposta innovadora que introduce un deporte ficticio e trepidante baseado en partidos 3 contra 3, e que ten un prezo de 19,99 euros. Este tÃtulo combina habilidade, precisión e estratexia nunha cancha onde os xogadores controlan vehÃculos semellantes a cadeiras de rodas, empregando os mandos Joy-Con 2 como se fosen un rato para dirixir os movementos.
A dinámica de xogo permite realizar accións como avanzar, xirar, saltar e lanzar á canastra mediante xestos intuitivos. A través do uso do halfpipe, os xogadores poden propulsarse para executar mates e trucos espectaculares, engadindo un compoñente acrobático á competición.
Drag x Drive ofrece múltiples modos de xogo. Nos parques públicos, os usuarios poden participar en partidas automáticas, competir en minixogos e acumular aneis. Os parques privados permiten organizar encontros entre amigos, establecer equipos e comunicarse mediante GameChat para coordinar estratexias. Tamén se inclúe a opción de enfrontarse a bots con distintos niveis de dificultade, asà como unha ampla variedade de minixogos, como desafÃos contra o reloxo, circuÃtos ao sprint ou concursos de tiro, para ata doce participantes.
O xogo propón tres perfÃs de xogador: pivote, base e ala, cada un con caracterÃsticas especÃficas que se adaptan a diferentes estilos de xogo. Ademais, permite unha ampla personalización estética, desde cascos ata texturas e dorsais, para que cada usuario poida distinguirse visualmente na cancha.
Con esta proposta, Nintendo aposta por unha experiencia multixogador dinámica, accesible e visualmente atractiva, que dá un carácter diferenciado ao catálogo deportivo da Switch 2, aÃnda que as primeiras crÃticas dan a entender que a orixinal proposta non foi ben executada, especialmente a nivel xogable (por culpa dun sistema de control pouco fiable e moi incómodo).
Tráiler de lanzamento de Drag x Drive
